lunes, 10 de junio de 2013

A materia

Xa vimos na clase as propiedades da materia.
 
Agora toca a repasar un pouco para aclarar os conceptos de materia, as características e as propiedades. Para iso pode ser de gran utilidade entrar nestes dous enlaces:

A materia ten tres estados posibles: sólida, líquida e gasosa. Pero a materia ten propiedades diferentes para cada estado. Podemos cambiar o estado sólido, líquido ou gasoso da materia.
Pero esas propiedades poden cambiar, ás veces temporalmente, e outras, para sempre

lunes, 27 de mayo de 2013

Os seres humanos e os ecosistemas

Vimos na clase como as actividades humanas inflúen no ecosistema.

Nesta animación veremos de forma resumida como poden influír negativamente afectando gravemente aos ecosistemas e ao medio natural.

A contaminación debida ao uso de combustibles fósiles (carbón, petróleo, gasolina, gasoil...) provoca unha acumulación de carbono na atmosfera.




Pero hai accións humanas que resultan positivas para a conservación do medio natural.

lunes, 22 de abril de 2013

Parasitismo

Os parásitos viven aloxados noutro ser vivo aproveitándose del para alimentarse. Aínda que a súa intención non é danar ao ser que o acolle, poden provocar problemas de saúde.
Os máis coñecidos son os piollos,pero hai máis: atenia ou solitaria, os oxiuros, etc.
Este vídeo está en alemán pero podemos ver nas imaxes como chega un piollo á cabeza e como fai a posta dos ovos ou lendias.

Simbiose e mutualismo

Dentro dunha especie de animal como a formiga que vive en grupo, imos ver un caso de simbiose, é dicir, os dous elementos sacan beneficio da súa relación.



Outro caso é o dos animais limpadores. O máis coñecido é a rémora que convive cos tiburóns. Este é outro exemplo de peixe limpador que recibe "autorización" para achegarse a calquera parte do corpo doutro, mesmo na boca.




Relacións dentro do ecosistema





miércoles, 17 de abril de 2013

Que é un ecosistema?

Para entender o que é un ecosistema é importante entender este cadro.


Pero para ver como funciona, preme aquí.

lunes, 8 de abril de 2013

ECOSISTEMAS

Os arrecifes de coral, un exemplo de ecosistema.
Os arrecifes son consecuencia dunhas circunstancias (Por exemplo, o fundimento dun barco) e da aparición de seres vivos e da relación que se establecen entre eles.