Estamos afeitos a falar da CRISE, de economía, de bancos, de rescates, de PREFERENTES e SUBORDINADAS. Efectivamente a economía é algo moi importante e nas próximas semanas imos ver como funciona. Para empezar, debemos saber que a economía é todo o que ten que ver co diñeiro, coa produción de bens, a compra, distribución e venda deses bens. Tamén ten que ver con outras cousas que non se fabrican pero que nos facilitan servizos como a educación, a sanidade, a protección dos nenos, dos anciáns, etc.
Todo o que a nosa familia fai co diñeiro que gañan, a súa administración tamén forma parte da economía, dunha economía máis pequena, que non ten grandes cantidades de diñeiro, pero máis importante porque afecta á nosa propia vida e á nosa supervivencia.
Imos empezar por deixar claros algúns conceptos. Preme nesta ligazón ou na imaxe e verás a explicación dalgúns dos máis básicos.
domingo, 13 de enero de 2013
martes, 8 de enero de 2013
Os sectores económicos
Para entender as actividades económicas e os sectores económicos resultará de gran interese este vídeo. É moi claro.
A moeda e os bancos
Sinxelo documental para entender como apareceu a moeda e os primeiros bancos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)