lunes, 10 de diciembre de 2012

Os países de Europa

Coñece os países do continente europeo.


TAMÉN PODES APRENDELOS AQUÍ.

E NESTA LIGAZÓN TES TAMÉN AS CAPITAIS. Ou se o prefires, nestoutra.

jueves, 6 de diciembre de 2012

As provincias

Primeiro consulta o mapa e despois fai as actividades interactivas. Son moitas provincias, canto máis practiques, mellor as aprenderás.

Xa o tes ben estudado?
Entón avante coas actividades.

A primeira é a máis doada. Ánimo!! Preme no mapa.

 A segunda é un pouco máis complicada, pero podes conseguilo. Imos aló! Tes dous minutos





As comunidades autónomas de España

Practica a situación das Comunidade Autónomas premendo nesta ligazón.


Tamén aquí.


jueves, 29 de noviembre de 2012

Sobre a Unión Europea

A UNIÓN EUROPEA é unha orgnización internacional formada actualmente por 27 estados. Inicialmente estaba constituída por seis países que constituíron a C.E.E. (Comunidade Económica Europea).
Foise ampliando en sucesivas ocasións. 
En 1973 o Reino Unido, Dinamarca e Irlanda entraron a formar parte da CEE. 

En 1981 foi Grecia quen fixo o seu ingreso, e en 1986 España e Portugal. En 1995 entraron Austria, Finlandia e Suecia. En 2004, a República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Malta e Polonia. Finalmente, en 2007 fixérono Bulgaria e Romanía.
En 1992 asinaron un tratado, Tratado de Mastrich ou da Unión, mediante o que se constituían na Unión Europea.

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DA UNIÓN EUROPEA E COÑECER MÁIS COUSAS



ATRÉVETE A XOGAR máis para coñecer mellor a Unión europea



lunes, 5 de noviembre de 2012

Factores que definen o clima

Cando dicimos que Galicia ten un clima oceánico e Barcelona, mediterráneo estamos basándonos nunha serie de datos observables e medibles:



As precipitacións nas súas diversas formas. 


A humidade e a evaporación.


A temperatura. Podemos medir varios aspectos importantes como son as temperaturas medias anuais ou a oscilación térmica estacional ou diaria, é dicir a diferencia que hai entre a temperatura máxima e a mínima. 



A presión atmosférica, o peso do aire nese lugar, que ten importancia na formación de correntes de aire. 




Estes datos soen organizarse en táboas e gráficas para ver mellor as variacións. Son os chamados climogramas, nos que aparecen os datos de precipitacións e temperaturas.


 
O climograma ten dous eixos de coordenadas unidos, o da esquerda soe indicar as temperaturas e o da dereita as precipitacións. As primeiras mídense en graos centígrados e as segundas en mm. (Cada milímetro equivale a 1 litro por metro cadrado.

Na barra horizontal represéntanse os meses do ano., de xeito que poidamos ver as temperaturas e as precipitacións de cada mes.

As precipitacións represéntanse por medio de columnas e as temperaturas por medio dunha liña.

O tempo e o clima

Que diferencia existe?

O tempo é o estado da atmósfera nun lugar nun periodo curto de tempo, uns días. Hoxe hai un tempo magnífico. O tempo pode estar moi bo no inverno e malo no verán.
O clima sería ese estado ao longo de moito tempo.


No clima inflúen unha serie de factores de diferentes tipos:

  • Xeográficos:

     

    • A latitude que inflúe na insolación e na circulación atmosférica e na diferenciación estacional do tempo.
    • A proximidade ao mar.
       
    • Esquema do efecto Foehn
      A altitude.
       
    • O relevo (Efecto Foehn)


      Foto na que se aprecia o efecto Foehn


  • Atmosféricos:


    • Ciruculación xeral da atmósfera tanto na superficie como na altura. Como exemplo poderiamos pensar nas gotas frías.

sábado, 20 de octubre de 2012

Europa

Para que te lembres dos contidos que traballamos sobre o noso continente, podes premer nos dous enlces que seguen.

Primeiro poderás repasar a situación e todos os accidentes xeográficos.

Na segunda poderás situar os ríos. Tes unha boa pista pois viache poñer algunhas das cidades polas que pasa.

sábado, 6 de octubre de 2012

Canto sabes de América?

Comezamos pola América do Norte. Sabes onde queda? Lembra que podes consultar o mapa que aparece na entrada anterior antes de facer os xogos.

Como se chama?

Agora comezamos con América do Sur




América

Cordilleiras:

  • Montañas Rochosas
  • cordilleira dos Andes
  • Apalaches

O pico máis elevado do continente é o Aconcagua; encóntrase na cordilleira dos Andes.

Chairas 

  • Amazonas
  • Pampa arxentina

As illas principais son:

  • Groenlandia
  • Terranova
  • As Antillas
  • Tierra del Fuego.

En América, os mares principais son os:

  • do Labrador 
  • Caribe.

Os lagos máis destacados son:

  • En América do Norte,

    • Os Grandes Lagos
  • En América do Sur, 

    • Maracaibo 
    • Titicaca.

Os ríos 

  • América do Norte:

  • Yukon
  • Mackenzie
  • San Lourenzo (Saint Lawrence)
  • Mississippi
  • Río Grande
  • América do Sur:

  • Amazonas
  • Orinoco
  • Paraná

miércoles, 3 de octubre de 2012

Canto sabes de Asia?

Proba os teus coñecementos dos ríos e lagos de Asia con estes dous xogos:






O último é difícil. Non importa que falles.
ÁNIMO!!!!


Asia


O Everest
  • As montañas son novas e elevadas, como a cordilleira do Himalaia, onde se encontra o Everest, a montaña máis alta do planeta, con 8 848 metros. 
  • Tamén hai mesetas de elevada altitude, como a do Tibet, e numerosas chairas percorridas por ríos, como as de Siberia e da India

O Mar Morto
  • As depresións están ocupadas por mares, como o mar Morto, que é o punto máis baixo do planeta, con –345 metros. 

  • As penínsulas máis importantes son as de Corea e a de Indochina; moitos arquipélagos, como os de Xapón e Filipinas, e illas, como a de Sri Lanka.

  • Os mares principais que rodean o continente asiático son o de Bering, mar do Xapón, mar da China, o mar Arábigo e o mar Vermello

  • Mar de Aral. A liña vermella era a superficie orixinal.
    Entre os lagos destacan o mar de Aral, mar Morto e o mar Caspio, de auga salgada, e o mar Baikal, de auga doce. 

Barcos encallados tras a desecación do mar de Aral.
Mar de Aral seco.

  • Os ríos máis destacados son o Yangtsé (o máis longo do continente), e os ríos Obi, Ienisei, Lena, Amur, Ganxes, Mekong e Indo.
Río Yangtsé (China)

Río Yangtsé (China)
Río Mekong (Indochina)

lunes, 1 de octubre de 2012

Repasando o que demos na clase sobre... África.

Veremos os ríos e lagos... AQUÍ. Non importa que falles algúns, aparecen máis dos que demos, pero podes aproveitar para coñecer onde están.

Tamén podes aproveitar para lembrar as montañas, AQUÍ.


Na marxe dereita da pantalla onde están os mapas, tes máis para poder practicar.

Océanos e continentes


jueves, 27 de septiembre de 2012

As zonas climáticas e as liñas imaxinarias

Os continentes:

A Terra ten zonas climáticas diferenciadas porque a luz solar non chega coa mesma intensidade a todas partes.

As rexións máis achegadas á liña do Ecuador reciben a luz solar case perpendicularmente.

A medida que nos alonxamos cara o norte ou cara o sur, os raios caen de maneira inclinada.
Debido a estas diferenzas a Terra foi dividida en varias zonas climáticas como podes ver no gráfico.





  • As zonas de clima tropical son as situadas entre os trópicos de Cancer e Capricornio. Son as zonas máis quentes do planeta.
  • As zonas de clima temperado atópanse entre os trópicos e os círculos polares
  • As zonas polares ou Glaciais son as que se atopan ao norte do Círculo Polar Ártico e ao sur do Círculo Polar Antártico.
  Liñas Imaxinarias

A Terra está dividida por liñas imaxinarias chamadas paralelos e meridianos


Paralelos: son liñas en horizontal. O paralelo principal é o Ecuador e divide a Terra en dous hemisferios, o Norte e o Sur.



Principais Paralelos:
- Ecuador (0º)
- Trópico de Cáncer (23º 27' N)
- Trópico de Capricornio (23º 27'S)
- Círculo Polar Ártico (66° 33' N)
- Círculo Polar Antártico (66° 33' S)


Meridianos: son liñas verticais que unen un polo con outro. O Meridiano principal ou Meridiano de Greenwich divide a Terra noutros dous hemisferios: Leste e Oeste.

Meridiano principal:
- Meridiano de Greenwich (0º)

  

En que parte do mundo estou?

Se es quen de adiviñalo é que coñeces o básico do tema do que estamos a falar. Preme aquí. (O primeiro exercicio está mal redactado, non o fagas).