• A humidade e a evaporación.
• A temperatura. Podemos medir varios aspectos importantes como son as temperaturas medias anuais ou a oscilación térmica estacional ou diaria, é dicir a diferencia que hai entre a temperatura máxima e a mínima.
• A presión atmosférica, o peso do aire nese lugar, que ten importancia na formación de correntes de aire.
Estes datos soen organizarse en táboas e gráficas para ver mellor as variacións. Son os chamados climogramas, nos que aparecen os datos de precipitacións e temperaturas.
O climograma ten dous eixos de coordenadas unidos, o da esquerda soe indicar as temperaturas e o da dereita as precipitacións. As primeiras mídense en graos centígrados e as segundas en mm. (Cada milímetro equivale a 1 litro por metro cadrado.
Na barra horizontal represéntanse os meses do ano., de xeito que poidamos ver as temperaturas e as precipitacións de cada mes.
As precipitacións represéntanse por medio de columnas e as temperaturas por medio dunha liña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario