sábado, 23 de febrero de 2013

A reprodución sexual das plantas

 A POLINIZACION

Hai dous tipos de polinización, polos insectos e polo vento.
  • POLINIZACION POR INSECTOS
Prodúcese nas flores grandes e vistosas que producen un líquido doce, o néctar, que atrae aos insectos. Os insectos cando van ás flores polo néctar, péganselles grans de pole ás patas e deposítanos noutras flores cando as visitan.
  • POLINIZACION POLO VENTO
Neste caso as flores teñen moito pole que é transportado polo vento e así algún gran de pole cae noutras flores e prodúcese a polinización. Neste caso,  como estas flores non teñen que atraer aos insectos adoitan ser pequenas e pouco vistosas e moitas delas carecen de corola.
 

FECUNDACIÓN

Os grans de pole chegan ao pistilo e péganse á parte superior. A continuación, producen un tubo que atravesa o ovario ata chegar aos óvulos. Por el baixan os espermatozoides que hai no gran de pole e fecundan os óvulos que se atopan no interior dos rudimentos de semente.


FORMACIÓN DA SEMENTE

Tras a polinización o seguinte paso é a formación da semente e o froito.

O óuvlo convértese en cigoto e medra grazas aos alimentos que os óvulos gardan no seu interior. Ao medrar, o cigoto transfórmase en embrión, é dicir unha planta en miniatura.

O froito fórmase a partir do ovario. No seu interior atópanse as sementes. A súa función é protexelas e axudarlles a que se dispersen é dicir a que viaxen lonxe da súa planta nai


A XERMINACIÓN

O ultimo paso da reprodución ocorre cando a semente cae a terra e as condicións son as adecuadas, pois prodúcese a xerminación.







jueves, 21 de febrero de 2013

Fases da reprodución sexual dos seres vivos


FASES DA REPRODUCIÓN SEXUAL

Plantas
Animais
  • Polinización e fecundación.
  • Produción de gametos nos testículos e ovarios
  • Formación do froito e da semente
  • Fecundación. Interna e externa
  • Xerminación da semente
  • Desenrolo do cigoto: Ovípara ou vivípara.

miércoles, 20 de febrero de 2013

A reprodución das plantas


A REPRODUCCIÒN SEXUAL DE LAS PLANTAS

As flores son os órganos reprodutores das plantas.
A parte masculina das plantas son os estames, teñen un avultamento na punta que se chama antera, e é onde se produce o pole.
A parte feminina das plantas é o pistilo que ten abaixo unha parte mais ancha onde esta o útero dentro o ovario.
Os estames e o pistilo están rodeados pola corola e o cáliz.
Queres saber algo máis? Preme aquí.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Os tipos de reprodución




TIPOS DE REPRODUCIÓN
REPRODUCIÓN SEXUAL
REPRODUCIÓN ASEXUAL
Máis de un proxenitor.Realízaa un só proxenitor.
Interveñen órganos reprodutores e células sexuais ou gametos.Non interveñen órganos reprodutores nin células especializadas.
Os novos individuos son diferentes aos seus proxenitores e entre si.Os descenentes son idénticos entre si e ao proxenitor.

Seres unicelulares,
Animais (Fragmentación ou xemación)
Plantas

-->

Avantaxes e desavantaxes das formas de reprodución

Avantaxes da reprodución sexual

  • A reprodución sexual require dous individuos da mesma especie, e a maduración dos gametos ou células sexuais.
  • Os gametos fusiónanse orixinado unha mestura do material xenético contido en ambas as células sexuais, a masculina e a feminina.
  • A continua combinación dos xenes incrementa as posibilidades de cambios no organismo, orixinando organismos máis sans e especies mellor adaptadas ao medio.
  • A combinación dos xenes asegura que vai haber menos posibilidades de que as enfermidades e os defectos dos pais se transmitan aos fillos.

Desvantaxes da reprodución sexual

  • A reprodución non pode levarse a cabo a menos que os gametos de ambos proxenitores se fusionen.
  • Soamente as femias teñen a capacidade de xestación.
  • Non hai garantía de que o núcleo do gameto masculino e o fenminino se unan despois do apareamento.
  • O tempo necesario para producir un fillo por reprodución sexual é moi longo.

Avantaxes da reprodución asexual

  • Unicamente se necesita un proxenitor para realizar todo o proceso de reprodución asexual. Por tanto, é moi sinxela.
  • Na meirande parte dos casos pódese estar seguro de que se vai producir un descendente.
  • O periodo de xestación é moi curto.
  • O fillo ten a mesma constitución xenética do proxenitor.
  • Un único individuo pode repoboar un novo territorio.
  • As posibilidades de fracaso son escasas.

Desvantaxes da reprodución asexual

  • A gran desavantaxe está na selección natural, dado que os individuos son xeneticamente tan parecidos que ningún deles ten mellores condicións para sobrevivir que os demais aos cambios ambientais. Por tanto, en caso de cambios bruscos ou extremos, se un non sobrevive, tampouco o poderían facer os demais polo idénticos que son uns a outros.
  • O proxenitor transmite aos seus descendentes a súa estrutura xenética, e con ela as mesmas enferidades e defectos que ten.
  • Ao non haber combinación xenética os cambios son moi poucos.

martes, 5 de febrero de 2013

A reprodución dos seres vivos

Unha das preguntas que nos fixemos era sobre a reprodución dos caracois. Os caracois son hermafroditas, é dicir que son machos e femias ao mesmo tempo. Pero fecúndas a si mesmo?
Vexamos.